A catedrática Inmaculada Paz Andrade (Lérez, Pontevedra; 1928 – 24 de novembro de 2022) traballou en Manchester e Marsella e introduciu a microcalorimetría en España en 1964. Foi a primeira catedrática da Facultade de Física da Universidade de Santiago, que a nomeou investigadora ad honorem e, entre outros galardóns, recibiu a Medalla Castelao, a da Sociedade de Química, o Premio Wonemburger e nomeada honoris causa da Universidade de Vigo en 2018. Foi unha promotora da Olimpíada Española de Física (OEF) que a organiza a Real Sociedade Española de Física (RSEF) desde 1990, por orde do Ministerio de Educación.
