FASE LOCAL – UNIVERSIDADE DE VIGO

A Olimpíada Nacional de Física é un concurso para estudantes preuniversitarios. Para participar na devandita olimpíada cada universidade selecciona a dous estudantes do seu distrito universitario, mediante unha Olimpíada Local. Na Olimpíada Nacional participan por tanto dous alumnos de cada unha das Universidades Españolas formando o equipo da devandita universidade. Cada equipo estará acompañado por un delegado da súa universidade.
A Real Sociedade Española de Física é a responsable da Olimpíada Nacional encargándolle a organización da mesma a unha das universidades participantes. A Olimpíada Nacional este ano celebrarase en Zaragoza do 10-13 abril.
España participará na próxima edición da Olimpíada Internacional de Física (IPhO) e da Olimpíada Iberoamericana de Física (OIbF). Na Fase Nacional seleccionaranse aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro que irán á Olimpíada Iberoamericana. Para a participación na Fase Nacional, cada universidade designará, na Fase Local, a dous estudantes de 1º ou 2º de Bacharelato de Centros públicos e privados, ou de Centros de Formación Profesional de grao medio ou superior.
Para o desenrolo da Fase Local, as tres Universidades de Galicia, como en anos anteriores, acordaron realizar idéntica proba, celebrándose en cada Universidade o mesmo día e hora. Cada centro poderá seleccionar un máximo de 4 estudantes para participar na Fase Local. Para a realización da mesma, os estudantes deberán ir provistos do seu DNI, material de escritura e calculadora non programable.
Unha vez seleccionados polos centros, os estudantes e o profesor que teñan intención de participar na Fase Local deberán remitir por correo electrónico á Coordinadora da Olimpíada de Física de cada Universidade a documentación que se atopa en formularios, a ficha de inscrición e a autorización para o tratamento dos datos persoais e uso de imaxe, no caso do estudante, e a ficha do profesor, no caso do profesor preparador. O prazo de envío da documentación debidamente cumprimentada e asinada será ata o luns 2 de marzo. As probas correspondentes á Fase Local terán lugar o día 6 de marzo, ás 16:00 horas.
Ao profesorado preparador do alumnado que se presente á fase local da Olimpíada de Física do curso 2025-2026, e resulte clasificado entre os 6 primeiros da súa universidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional recoñecerá a súa actividade como proxecto de innovación educativa cunha certificación equivalente a 15 horas de formación permanente do profesorado. No caso de que o alumno participe tamén na fase nacional ou internacional, o profesorado preparador de dito estudante recibirá un único certificado cunha equivalencia de 40 horas de formación permanente do profesorado.
Para calquera dúbida ou contacto escribir a:
• Facultade de Física, Universidade de Santiago, SANTIAGO DE COMPOSTELA. maria.villanueva@usc.es
• Facultade de Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela, LUGO. maria.villanueva@usc.es
• Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña, A Coruña. lmsegade@udc.es
• Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. tpigles@uvigo.gal
• Facultade de Ciencias, Universidade de Vigo, OURENSE. tpigles@uvigo.gal
Os alumnos poderán elixir calquera dos centros mencionados para examinarse destas probas.
AULAS PARA AS PROBAS
As probas da Fase Galega do venres 6 de marzo realizaranse nos seguintes centros e aulas de cada universidade:
UNIVERSIDADE DE VIGO En Vigo: Facultade de Ciencias do Mar.Aula 20. En Ourense: Facultade de Ciencias. Edificio Politécnico. Aula B1.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA En Santiago: Facultade de Física. Aula 0 (2ª planta). En Lugo: Facultade de Ciencias. Aula 6 (planta baixa).
UNIVERSIDADE DA CORUÑA Na Coruña: Facultade de Ciencias. Aula 4.
FORMATO DAS PROBAS E HORARIO: as probas da Fase Galega dividiranse en 2 partes. A primeira parte consistirá na resolución de problemas desde as 16:00 ata as 18:00 h. Despois de un descanso de 15 min, comezará a segunda parte da proba que consistirá na resolución de cuestións ata as 20:00 h.
FASE INTERNACIONAL Y OLIMPIADA IBEROAMERICANA
A 55ª International Physics Olympiad celebrouse do 17 ao 25 de xullo en París. O equipo español tivo unha brillante participación obtendo tres medallas de bronce e unha mención de honra. A próxima edición será en Colombia, do 4 ao 12 de xullo de 2026. Respecto a a Olimpíada Iberoamericana de Física, lamentablemente o país organizador, México, suspendeu por segundo ano consecutivo o evento. Estableceuse un novo calendario de sedes anfitrioas e Brasil confirmou que celebrará a olimpíada de 2026.